A Pintega

Tablón de Anuncios

Matador rockers – Estamos en el aire

Matachin (14-Setembro-2011)

Despois de dar pistas no seu facebook, twitter e demais por fin podemos escoitar algo do novo disco de Matador Rockers, o disco sairá editado a medias entre Del Palo e Warner.

Van case dous anos dende que falaramos destes rapaces na Pintega, e pouco a pouco están confirmando o bo xeito que apuntaban. Novos aires para o hip-hop español, unha mirada ao que se fai fora ser caer na mímica ou no postureo chungo.

Isto tamén e hip-hop.

Categorías: Videoclip | Sen comentarios »

III Torneo de chave As Píntegas – Casa Canosa

Matachin (29-Agosto-2011)

Hoxe comeza o noso campionato de chave  que dende hai tres anos organizamos en Casa Canosa (Perlío).

Apuntáronse trinta equipos e o torneos será por eliminatoria, as eliminatorias decidiranse ao mellor de tres partidas e en caso de empatar unha das partidas xogarase outra man a modo de tie break ata que desempaten.

Aqui deixo o Calendario do Torneo 2011 [pdf]

Categorías: Pintegas | Sen comentarios »

Amy Whinehouse – You’re Wondering Now

Matachin (23-Xullo-2011)

Morreu Amy Whinehouse. Despois de tantos altibaixos apareceu morta no seu piso londinense, do éxito ao baixón, á aparente recuperación e o golpe final que acabou con ela aos 27 anos como a outras estrelas atormentadas do rock.

Nun destes intentos de recuperación foise ao Caribe e en tres meses preparou un disco que a discográfica desbotou por consideralo «demasiado reggae» e de temática demasiado escura, quizais o que necesitaba para botar os seus demos fora. Demasiado cambio para unha discográfica que veu os cartos que lle reportou o seu soul «canalla» pero asimilable.

Pode que esas cancións aparezan agora (non sei se chegou a gravalas), coñecendo a tradición de espremer aos mortos todo o diñeiro que se poida sacar deles mesmo despois de mortos.

You’re wondering now, what to do, now you know this is the end
You’re wondering how, you will pay, for the way you did behave

Curtain has fallen, now you’re on your own
I won’t return, forever you will wait

Categorías: Musica | Sen comentarios »

Domingos con Miguel Noguera

Matachin (17-Xullo-2011)

Que mellor para unha tarde de domingo que un pequeno Ultrashow de Miguel Noguera.

Categorías: Humor | Sen comentarios »

Hamburguesa Vegetal – El baile de las gambas crudas!

Matachin (11-Xullo-2011)

Unha firme proposta a baile do verán, todo un sleeper (a canción é do 2007 pero a min chegoume agora) que seguro que lle da mil voltas a proposta «oficial» das radiofórmulas.

Categorías: Humor, Videoclip | Sen comentarios »

Páxinas: 1 2 3 4 5 ...144 145 Next

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).