No me pises que llevo chanclas – Japón

Categorías: Videoclip | Etiquetas: , | Deixar un comentario

Fantastic Plastic Machine – Theme of Luxury

Categorías: Videoclip | Etiquetas: , | Deixar un comentario

DJ Snake & Lil Jon – Turn Down for What

Categorías: Videoclip | Etiquetas: | 1 Comentario

Ángel Stanich – Metralleta Joe

Chega ao Manchita Cosa outro evento deses que non podes deixar pasar, se non te enteraches cando Arizona Baby ou Estereotypo pasaron por alí e despois estiveches a perseguilos por grandes festivais mañá sábado por 5€ tes outro artista do que pode que  oias falar frecuentemente.

Ángel Stanich é un cantante moi pesonal, se ben o seu single de presentación parece seguir a senda folk americana de Arizona Baby (Javier Vielba produce o disco) a etiqueta quédalle pequena e a folla promocional fala dun Dylan en ácido.

Non perdades a oportunidade, logo chegan os lamentos.

Categorías: Concertos, Videoclip | Etiquetas: , , | Deixar un comentario

Pablo Und Destruktion – Limónov, desde Asturias al infierno

Se vistes ben, bailas ben e tes un estilo persoal xa tes moito gañado comigo.
Na Mondo Sonoro tedes o disco completo con comentario das cancións.

Categorías: Videoclip | Etiquetas: | Deixar un comentario

Yūko Miyamura – Boku no Taion wa 37.5º

Esta canción é o opening da serie Colorful, un anime moi apropiado agora que parece que por fin comeza a primavera xa que trata dos calores. Pódense ver os 12 miniepisodios da serie, por exemplo, nesta conta de yutuf.

Categorías: Humor, Videoclip | Etiquetas: , , | Deixar un comentario

Kyu Sakamoto – Sukiyaki

Seguindo co rollo xapo, a canción xaponesa que máis o petou internacionalmente.

Categorías: Videoclip | Etiquetas: , | Deixar un comentario

Señoras que á xaponesa

Categorías: Humor, Para-Noia | Etiquetas: , | Deixar un comentario

Talento fenés

O mellor tirador de cañas está en Mesón Enxebre en Fene, unha pena que non se decidiran a facer o equipo de chave :)

Via Ferrol360

Categorías: Bares, Fene | Etiquetas: | Deixar un comentario

Hoxe ven Tórtel á Super 8 de Ferrol

O verán pasado o escenario pequeno do Festival do Norte dounos grandes alegrías, unha foi que as nenas puideran ver a xente coma Sr. Chinarro ou Aerolíneas Federales en directo e outra foi o descubrimento de Tórtel.

As boas críticas do seu segundo LP Entusiasmo pasaran polo meus rss sen que eu chegara a darlle unha escoita, pero foi vendo o seu directo cando quedamos encandilados. Cun formato principalmente acústico e a pesares de levar un tambor en vez unha batería completa conseguiron soar potentísimos e amosaron unha serie de xoias pop que non pararon de soar no coche durante meses no coche.

Pensei logo que a ver os traían ao Felipop porque encaixarían a perfección pero mira ti que a próxima vez que as vexa será hoxe e en sala pequena gracias á xira Girando Por Salas, que anos atrás xa nos trouxera a Al Supersonic & The Teenagers

Déixovos unha das miñas favoritas para abrir o voso apetito, non o perdades que logo o lamentaredes:

Categorías: Concertos | Etiquetas: , , , , | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com. The Adventure Journal Theme.

Seguir

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 40 segidores

%d bloggers like this: