Arquivo por meses: Febreiro 2012

Os remixes de Narco

Fai dous anos que os sevillanos Narco volveron coa formación renovada e S Curro acompañando a Vikingo MD no micro para sacar Alita de Mosca.

Seguramente o seu novo MC tivo moito que ver no disco de remixes que saíu hoxe, ven é certo que os Narco sempre tiveron unha vertente mais rap e electrónica pero S Curro está moi metido na escena de Bass Music que está a se mover en Andalucía dende Mogra Empire e desta escena ven o disco de remixes con produtores coma Alexander Head, Dub elements, Have a Cow ou Psichobitches (que non é outro que S Curro e o seu inseparable Papa Wilson).

Se queredes ver o que se move por abaixo non tedes mais que seguir o blogue de Mogra Empire, que hoxe mesmo anuncian a saída de La Rave del Infierno (que asi se chama o disco de remixes) e mesmo poñen ligazóns para a súa descarga para poder oílo de primeira man.

Extraterrestre, de Nacho Vigalondo

Carter de Extraterrestre

Queda menos de un mes para o estreno da nova pelicula de Nacho Vigalondo (estréase o 23 de marzo) e a expectación na taberna está chegando a cotas históricas. Para relaxar algo os ánimos, pódese ver aquí o trailer da película (eu non o penso facer). Ou, nunca está de máis repasar as curtas de Viga coma a candidata ós oscars 7:35 de la mañana, a inmensa Choque ou a triloxía dickiana de Código 7. Por suposto, se non víchedes Os Cronocrímenes xa tardades.

Axenda para a 6ª fin de semana do 2012

Esta fin de semana apetéceme concerto e a ver se desta vez cae porque o venres Natural Green estará actuando na sala super 8 de Ferrol.

Natural Green é unha banda ferrolana de reggae que se formou no 2009 pero xa lles deu tempo para gañar o VII Concurso Galego de Reggae o que lles permitiu participar no Foundation Reggae Festival. Parece que fan un reggae que tira mais cara o roots (ben se sabe que eu tiro mais do early reagge coma os Riddims) pero está ben que teñamos unha dieta variada de concertos aos que ir.

Aquí tedes un vídeo en directo deles:

Ademais o sábado Iván Ferreiro estará no Teatro Jofre, aínda que as entradas estan esgotadisimas.

Comezo agridoce na liga de chave

Os resultados da primeira xornada da liga de chave non foron todo o bos que poderían ser pero so é o comezo: esperemos que os equipos vaian a mais.

As Píntegas enfrontáronse nun sempre difícil partido aos Vikingos de Río Castro cun resultado de 2-2, parecía que non ía ser o seu día pero foron capaces de sacar dous puntos do Emigrante. Aínda coa falta de Loren destacou a primeira boa partida de Kuba (10), as dúas de Álex (10 e 13) e a segunda partida de Pablo (16), nunha tempada na que será difícil que conten con todo o plantel nas partidas está ben ver que se pode confiar en todo o equipo.

Pola súa banda As Pintegas de Canosa enfrontáronse ao Emigrante C e non foron capaces de sacar ningún punto, nada grave tendo en conta que o Emigrante C é un candidato ao ascenso unha vez que se lles uníu Javier que quedou 5º en primeria o ano pasado co Lar de Picas.

A semana que ven enfrontamento das Píntegas co Emigrante A na casa e saída do Pintegas de Canosa fronte o C. Mugardés C.

Ábrese a tempada 2012 da liga de chave de ferrolterra

Un ano mais As Píntegas contarán con dous equipos na liga comarcal de chave, un equipo na segunda división e outro na terceira.

O primeiro equipo debuta na cancha do Emigrante contra os Vikingos de Río Castro, este ano As Pintegas terán unha tempada complicada na queo abxectivo volve a ser a permanencia na 2ª división. Conservan o bloque do ano pasado pero xa sexa por cuestións laborais ou persoais será dificil que conte cos cinco chavistas á vez.

As Píntegas de Canosa comezan a tempada contra o Emigrante C en Casa Canosa ás 18:00. Dúas baixas e a reincorporación dun membro fundador do equipo para intertar mellorar a media do ano pasado e crecer pouco a pouco.

Veremos o resultado ao final da tempada, ARRIBA PINTEGAS!